Presentación da candidatura (galego)

    Montañeiras e montañeiros.

    Por primeira vez en moitos anos a nosa Federación celebrará unhas eleccións nas que poderemos elexir aos nosos representantes entre varias candidaturas.

    A candidatura que vos presentamos é a vosa candidatura. É a candidatura de quen quera sumarse a este proxecto e traballar polos nosos deportes. É unha candidatura que nace das federacións autonómicas, unha proposta avalada pola maioría dos presidentes de federacións, e apoiada por moitos técnicos e deportistas de diferentes territorios. Sen ese aval non daríamos este paso.

    A alma mater desta candidatura somos un EQUIPO cunha rica experiencia e diversidade. A nosa relación está baseada na confianza. Estamos xuntos e en constante comunicación. Somos persoas comprometidas. Falámonos con franqueza, e as críticas que nos facemos son constructivas. Xa temos adicado o noso traballo á FEDME dende fai anos e non descoñecemos o seu pasado, presente e futuro. Sabemos onde queremos chegar e queremos facelo coa vosa colaboración:

    José Luis Rubayo, vicepresidente da FEDME e responsable da Área de Escalada e Alpinismo; e presidente da Federación Madrileña de Montañismo.

    José María Nasarre, membro da Xunta Directiva da FEDME dende 2005 e responsable da Área de Accesos e Natureza; é membro da Xunta Directiva da Federación Aragonesa de Montañismo dende 1997.

    Teresa Campuzano, árbitra FEDME; e advogada que nos defende nos tribunais ante o conflito que vivimos coas carreiras por montaña.

    Dende o primer momento, fomos sumando. Traballando estreitamente con nós, e cargados de ilusión, hai un grupo numeroso de expertos/as nas súas áreas respectivas que coñeceredes a continuación. Con eles vimos traballando nun borrador do que debe ser o futuro Plan Estratéxico da FEDME, e fruto dese esforzo e dedicación son as propostas do programa que agora vos presentamos. Pero necesitamos a vosa axuda e participación para levar adiante este proxecto. Dende o principio queremos que esta sexa unha federación participativa.
    Como líder desta expedición tédesme, ao voso servizo en Alberto Ayora

    Os/as que estamos implicados neste proxecto temos unha pasión común que nos une, a montaña. “O corazón ten razóns que a razón non entende”, pero sinto que o que máis me atrae deste proxecto é asumir un reto de envergadura e cun interés social evidente. Un proxecto basado en VALORES e que o BEN COMÚN sexa o compás que nos guie.

    O momento é apaixoante porque o facho olímpico xa nos ilumina no verán e posiblemente no invierno, pero tamén nun momento moi delicado, xa que hai ameazas importantes que nos obrigan a un compromiso máximo e respostas efectivas. Con máis motivo necesitamos a axuda de todos/as.

    Sentídevos totalmente ceibes e con confianza para manifestar as vosas dúbidas e inquedanzas. Queremos afrontar o futuro coa vosa colaboración.

    Recibide un forte abrazo montañeiro e o noso agradecemento de antemán.